O Soiuz 2-1b é un foguete espacial ruso de nova xeración derivado do mísil R-7 creado para lanzar tripulacións e carga á órbita baixa terrestre. Está formado por dúas etapas centrais cunha terceira etapa adicional rodeadas de catro foguetes aceleradores, unha configuración común para os foguetes da familia Soiuz. Usa os mesmos controis dixitais que o Soiuz 2-1a, pero cun novo motor RD-0124 na segunda etapa. Foi usado por primeira vez durante en 2008. O foguete pódese lanzar tanto desde o cosmódromo de Plesetsk como desde o de cosmódromo de Baikonur. Tódalas etapas do foguete usan queroseno e oxíxeno líquido. O foguete transpórtase en horizontal ata a rampla de lanzamento, onde é erguido previamente ao lanzamento.[1][2]